Branqueamento dental en Bueu
Se buscas un branqueamento dental en Bueu, o primeiro que queres saber é canto custa e se merece a pena. Contámoscho sen rodeos: nesta páxina atoparás os nosos prezos por modalidade, que inclúe cada un e en que casos un branqueamento non é a solución. En S&S Clínica Dental levamos desde 2014 branqueando sorrisos no Morrazo cun principio innegociable: antes de branquear, revisamos. Porque un dente amarelo por manchas de café non necesita o mesmo ca un escurecido tras unha endodoncia, e non todos os pacientes son candidatos. Branquear os dentes no dentista custa máis ca un kit de farmacia, e aquí explicámosche exactamente por que.

Canto custa un branqueamento dental en Bueu? Prezos 2026
O prezo dun branqueamento dental non é un número único. Depende da modalidade que elixas, do punto de partida dos teus dentes e de se o tratamento inclúe ou non a limpeza previa e as férulas de mantemento. En España, a franxa que publica habitualmente o sector sitúase entre os 200 € e os 500 €.
Por que non todos os branqueamentos custan o mesmo?
Porque non todos os pacientes necesitan o mesmo e, sobre todo, porque non todos os tratamentos inclúen o mesmo.
Antes de realizar un branqueamento valoramos o ton de partida, o tipo de manchas, o estado dos dentes e as enxivas e o resultado que podemos conseguir. A partir de aí decidimos cal é o tratamento máis adecuado.
Por que varía tanto o prezo dun branqueamento dental?
Catro factores explican case toda a diferenza entre un presuposto e outro:
- O tipo de tratamento. Pode realizarse en clínica, na casa con férulas personalizadas ou combinar ambas as opcións.
- As necesidades de cada paciente. Hai casos que responden rapidamente e outros que necesitan un tratamento máis progresivo para conseguir un bo resultado.
- O que inclúe o tratamento. As férulas personalizadas, o produto para utilizar na casa, as revisións ou o mantemento posterior poden formar parte do presuposto.
Por iso, cando compares prezos, o noso consello é que preguntes sempre que tratamento che están ofrecendo e que está incluído.
En S&S preferimos valorar primeiro o teu sorriso e recomendarche unicamente o tratamento que realmente necesitas.
Financiamento
Podes fraccionar o tratamento en cómodas cuotas. Explicámosche as condicións na propia valoración, sen compromiso e co presuposto pechado por escrito antes de empezar. Consulta as nosas opcións de financiamento.
Branqueamento dental no dentista fronte aos kits caseiros
A diferenza entre branquear os dentes no dentista e mercar un kit na farmacia ou no supermercado non é de márketing. É de química, de diagnóstico e de seguridade.
Concentración do axente branqueador
No dentista: Uso profesional baixo supervisión odontolóxica
Kit de venda libre: Limitada pola normativa de venda ao público
Protección das enxivas
No dentista: Illamento previo do tecido xenxival
Kit de venda libre: Ningunha
Adaptación
No dentista: Férulas fabricadas á medida sobre escaneado 3D
Kit de venda libre: Tiras ou férulas de talla única
Diagnóstico previo
No dentista: Obrigatorio: descarta carie e enfermidade periodontal
Kit de venda libre: Inexistente
Control da sensibilidade
No dentista: Axentes desensibilizantes e pauta axustada a cada paciente
Kit de venda libre: Pola túa conta e risco
Medición do resultado
No dentista: Rexistro obxectivo en escala de tons
Kit de venda libre: Percepción subxectiva
Mención á parte merecen os remedios que circulan por redes sociais. O carbón activado, o bicarbonato e a pasta con limón non branquean: abrasionan. Aclaran lixeiramente porque desgastan a capa máis externa do esmalte, e ese desgaste non se recupera nunca. Un produto de 30 € que anos despois che obriga a unha reconstrución non saíu barato.
Se queres afondar, desmontamos as crenzas máis estendidas neste artigo: mitos sobre o branqueamento dental.
Que é o branqueamento dental e como funciona o tratamento para branquear os dentes
O branqueamento dental, a técnica de branqueamento máis demandada dentro da odontoloxía estética, aclara a cor propia do dente mediante xeles de peróxido de hidróxeno ou de peróxido de carbamida. Non se trata de pintar nin de recubrir nada: o xel penetra no esmalte e libera osíxeno, que rompe as moléculas de pigmento acumuladas no esmalte e a dentina. Ao fragmentarse eses pigmentos, o dente reflicte a luz de forma distinta e percibimos un ton máis claro.
Por iso o branqueamento actúa sobre o dente natural e non sobre os materiais artificiais, e por iso o resultado se mide en tons e non en porcentaxes. En consulta utilizamos unha guía de tons como referencia obxectiva: rexistramos a túa cor de partida antes de empezar e volvemos medila ao rematar, de xeito que o resultado non queda a mercé da impresión subxectiva de ninguén.
Necesitas branquear os dentes ou só limpalos?
É a confusión máis habitual en consulta, e a que máis diñeiro pode aforrarche. Moitos pacientes chegan pedindo un branqueamento cando o que teñen é sarro e pigmentación superficial acumulada polo café, o té ou o tabaco. Neses casos, unha hixiene profesional recupera o ton natural sen necesidade de branquear nada.
Limpieza dental profesional
Que fai: Retira sarro, placa e manchas superficiais
Resultado: Recupera o teu ton natural
Indicado se: Os teus dentes se escureceron por hábitos
Branqueamento dental
Que fai: Aclara a cor intrínseca do dente
Resultado: Varios tons por riba do teu ton natural
Indicado se: O teu ton natural xa era amarelado
En S&S Clínica Dental a primeira cita é sempre de valoración. Se cunha limpeza dental profesional é suficiente, dirémoscho. E se necesitas branqueamento, a limpeza forma parte do proceso igualmente: o xel actúa moito mellor sobre unha superficie libre de placa.
Tipos de branqueamento dental que realizamos en Bueu

Branqueamento en clínica con luz LED
Non existe un único protocolo. Na valoración decidimos contigo a técnica de branqueamento que mellor encaixa co teu caso, a túa dispoñibilidade e o teu presuposto

Branqueamento domiciliario con férulas personalizadas
Escaneamos a túa boca co noso escáner intraoral e fabricamos unha férulas á medida, axustadas milímetro a milímetro á túa arcada. Ti aplicas o xel na casa seguindo a pauta que che indicamos e cos controis de seguimento que marquemos. É máis progresivo que a sesión en clínica e moi cómodo para quen non pode reservar unha mañá.
Tratamento combinado
Une as dúas modalidades: unha sesión en clínica para conseguir o salto de ton inicial e as férulas domiciliarias para consolidalo e mantelo. É a opción que mellor rendabiliza o investimento a medio prazo, porque che deixa na casa a ferramenta para facer reforzos puntuais sen repetir o tratamento completo.
Branqueamento interno para dentes endodonciados
Cando un dente se escureceu tras unha endodoncia ou un traumatismo, o problema non está na superficie: o cambio de cor vén de dentro. Nases casos o branqueamento externo non serve de nada. Aplicamos o axente branqueador no interior da cámara pulpar, en sesións sucesivas, ata igualar o ton cos dentes veciños. É un tratamento específico que require valoración individual
Como é o teu branqueamento dental paso a paso en S&S Clínica Dental
1. Valoración e diagnóstico. Revisamos o estado dos teus dentes e enxivas, identificamos a orixe da decoloración e descartamos caries ou enfermidade periodontal. Se detectamos algo que deba tratarse antes, dirémoscho. Aquí tamén decidimos que modalidade encaixa co teu caso e dámosche o presuposto pechado.
2. Limpeza dental profesional. Eliminamos sarro e pigmentación superficial. Este paso non é opcional nin un extra facturable: sen el, o xel non actúa de forma uniforme.
3. Rexistro do ton inicial. Medimos a túa cor de partida coa guía de tons e deixámolo documentado. É a única forma de valorar o resultado con criterio e non de memoria.
4. Aplicación do tratamento. Segundo a modalidade elixida: sesión en clínica con illamento xenxival e luz LED, ou entrega de férulas personalizadas coa pauta de uso.
5. Control e mantemento. Volvemos medir o ton, comprobamos como respondeu o teu esmalte e entregámosche as recomendacións e o kit de mantemento.
É seguro o branqueamento dental?
Realizado baixo supervisión odontolóxica, con concentracións controladas e illamento das enxivas, o branqueamento dental non daña o esmalte. O xel actúa sobre os pigmentos sen alterar a estrutura do dente. O que si é habitual é unha sensibilidade transitoria ao frío durante as primeiras 24 ou 48 horas, que desaparece por si soa. Minimizámola con axentes desensibilizantes e axustando a pauta á túa resposta.
Se xa convives con sensibilidade dental de base, dinos na valoración: adaptamos o protocolo desde o principio. O branqueamento non está indicado en todos os casos. Non o realizamos durante o embarazo e a lactación, nin en pacientes moi mozos. Tampouco cando hai carie activa, enxivas inflamadas ou enfermidade periodontal sen tratar: primeiro resólvese o problema de saúde, despois valórase a estética. E hai un límite que convén coñecer antes de decidir: as manchas intrínsecas intensas, como as causadas por tetraciclinas ou por fluorose severa, responden mal ao branqueamento. Neses casos a solución soe pasar por carillas dentais.
Dirémoscho na valoración aínda que a resposta sexa que este tratamento non é para ti.
Canto duran os resultados e como manter os dentes brancos
A duración depende moito máis dos teus hábitos que do tratamento en si. O tabaco, o café, o té e o viño tinto son os tres factores que máis acurtan o resultado; unha boca ben hixienizada e sen eses hábitos manténo visiblemente durante moito máis tempo.
As primeiras 48 horas son as decisivas. O esmalte queda máis receptivo aos pigmentos, así que durante ese período convén seguir o que chamamos dieta branca: evitar café, té, viño tinto, refrescos de cola, salsa de tomate, curry, remolacha e tabaco. Pasado ese marxe podes volver á túa alimentación habitual.
A partir de aí, o mantemento apóiase en tres cousas: hixiene diaria constante, revisións e limpezas periódicas e reforzos puntuais coas túas férulas cando notes que o ton perde intensidade. Con ese esquema non necesitas repetir o tratamento completo, só reactivalo.
A túa clínica de branqueamento dental en Bueu, Beluso, Cangas e Moaña
Desde 2014 somos a clínica dental de confianza en Bueu para as familias do Morrazo. Estamos en pleno casco urbano, na rúa José María Estévez, número 2, baixo A. Atendemos de luns a venres de 9:00 a 21:00, con horario continuado, o que facilita encaixar a cita se traballas fóra do municipio ou vés desde Cangas, Moaña ou Marín.
Aínda que a nosa sede está en Bueu, boa parte dos nosos pacientes chega buscando tratamentos dentais en Pontevedra e a súa comarca sen ter que desprazarse á capital. Contamos con escáner intraoral, sala de radioloxía propia e un equipo formado integramente por odontólogas colexiadas.
Preguntas frecuentes sobre o branqueamento dental
En S&S Clínica Dental o branqueamento en clínica con luz LED e a modalidade domiciliaria con férulas personalizadas axústanse ao tratamento necesario de cada paciente, sempre coa valoración e a limpeza previa incluídas. O prezo final depende do punto de partida dos teus dentes e do número de sesións necesarias, algo que só podemos concretar tras a revisión. Dámosche o presuposto pechado antes de empezar, sen compromiso.
Porque non estás pagando só o xel. Pagas un diagnóstico previo que descarta carie e enfermidade periodontal, a limpeza profesional que permite que o produto actúe, o illamento das enxivas, unhas férulas fabricadas a medida sobre a túa boca e o seguimento do resultado. Un kit de supermercado non inclúe nada diso e, nunha boca con carie ou xenxivite, pode empeorar o problema.
Realizado baixo supervisión odontolóxica, con concentracións controladas e illamento das enxivas, non daña o esmalte: o xel oxida os pigmentos sen alterar a estrutura do dente. O que si o dana son os produtos abrasivos de moda —carbón activado, bicarbonato, limón—, que aclaran por desgaste mecánico. Ese desgaste é irreversible.
Depende sobre todo dos teus hábitos: o tabaco, o café, o té e o viño tinto acurtan o resultado. Coas férulas personalizadas que che entregamos podes facer reforzos puntuais na casa cando notes que o ton perde intensidade, sen repetir o tratamento completo nin volver pagalo enteiro. Na valoración dámosche unha previsión axustada ao teu caso.
Non. Os materiais de restauración non cambian de cor co xel. Se tes composites ou coroas na zona visible, planificámolo antes: o habitual é branquear primeiro os dentes naturais e substituír despois esas restauracións para igualar o ton. Convén comunicalo antes de decidir o presuposto, porque pode engadir tratamentos.
Non sempre. Non está indicado en embarazo e lactación, en pacientes moi mozos, nin cando hai carie activa, enxivas inflamadas ou enfermidade periodontal sen tratar. Tampouco resolve por si só as manchas intrínsecas intensas, como as causadas por tetraciclinas, onde ás veces a solución pasa por carillas. Por iso a revisión previa non é un trámite comercial: determina se o tratamento ten sentido no teu caso, e dirémoscho aínda que a resposta sexa que non.