Se estás buscando carillas dentais en Bueu, probablemente queiras saber canto custan e, sobre todo, se o resultado vai quedar natural. Nesta páxina explicámosche de que depende o prezo, as diferenzas entre as carillas de composite e de porcelana e en que casos pode ser máis axeitado outro tratamento.
En S&S Clínica Dental estudamos cada sorriso de maneira personalizada antes de comezar. Non todos os dentes necesitan o mesmo tratamento nin todas as persoas son candidatas a levar carillas. Se un branqueamento, unha reconstrución ou outra alternativa máis conservadora pode darche un mellor resultado, tamén cho diremos.

En S&S Clínica Dental, as carillas de composite teñen un prezo desde 260 € por peza e as carillas de porcelana desde 490 € por peza.
O prezo definitivo depende do material elexido, do número de dentes que se vai tratar e do estado previo da boca. Antes de colocar as carillas, pode ser necesario tratar caries, eliminar sarro ou mellorar a saúde das enxivas.
Por iso realizamos primeiro unha valoración personalizada e, despois, entregamos un presuposto pechado e por escrito, para que coñezas o custo do tratamento antes de comezar. Tamén dispoñemos de opcións de financiamento.
Antes de comezar, realizamos unha valoración individual para coñecer que queres mellorar e comprobar se as carillas son realmente a opción máis axeitada para ti.
Tras estudar o caso, entregámosche un plan de tratamento e un presuposto pechado por escrito, onde se especifican o tipo de carillas, o número de dentes que se van tratar e as diferentes fases do tratamento.
Cando está indicado, podemos realizar un deseño de sorriso e un mock-up ou proba previa en boca para que podas facerte unha idea do posible resultado. Esta proba ten un custo e presupóstase á parte.
Os tratamentos que sexa necesario realizar previamente, como unha hixiene, ou tratamento de caries ou dunha enfermidade periodontal, tampouco están incluídos no prezo das carillas. Sempre se explican e presupostan antes de comezar. Para conseguir un resultado estético estable, é fundamental partir dunha boca sa.
O prezo das carillas pode variar principalmente por catro factores:
Ao comparar presupostos, é importante comprobar que material se utilizará, cantos dentes inclúe o tratamento e que probas ou revisións están contempladas.
En S&S Clínica Dental podes financiar o tratamento e distribuír o seu importe en diferentes cotas. Traballamos con CaixaBank, Abanca e Pepper, con distintas opcións segundo o tratamento e as condicións de financiamento dispoñibles.
Antes de comezar, informarémosche do custo total, das posibles cotas e das condicións para que podas elixir a opción que mellor se adapte a ti. Nos tratamentos realizados en varias fases, tamén poderá organizarse o pago a medida que avance o proceso.
Elixir entre carillas de composite e de porcelana non é unha cuestión de decidir cal é mellor, senón cal se adapta mellor aos teus dentes, ás tuas expectativas e á túa situación:
| CARACTERÍSTICA | CARILLA DE COMPOSITE | CARILLA DE PORCELANA |
| ELABORACIÓN | Directamente na clínica | Deseñadas e fabricadas no laboratorio |
| Nº DE SESIÓNS | Habitualmente unha ou poucas sesións | Xeralmente dúas ou máis sesións |
| PREPARACIÓN DENTAL | Mínima ou, nalgúns casos, inexistente | Mínima ou inexistente, segundo o caso |
| RESISTENCIA ÁS MANCHAS | Menor | Maior |
| REPARACIÓN | Habitualmente pode realizarse na clínica | Depende do tipo de fractura |
| DURACIÓN ORIENTATIVA | Menor | Maior |
| RESULTADO ESTÉTICO | Máis natural | Máis natural e estable |
| MANTEMENTO | Revisións e pulidos periódicos | Hixiene e revisións periódicas |
| INVERSIÓN INICIAL | Menor | Maior |
As carillas de composite realízanse aplicando o material directamente sobre o dente e modelándoo capa a capa ata conseguir a forma e a cor desexadas. Dependendo do número de dentes e da complexidade do caso, poden realizarse nunha ou varias sesións.
Xeralmente requiren unha preparación mínima ou incluso inexistente e, se se produce un pequeno desgaste ou unha fractura, adoitan poder repararse directamente na clínica. Co paso do tempo poden perder brillo ou captar pigmentos, polo que necesitan revisións e polidos periódicos.
Son unha boa alternativa para corrixir pequenas fracturas, espazos, alteracións leves de forma ou determinados cambios de cor.
As carillas de porcelana deseñánse de forma personalizada e fabrícanse no laboratorio a partir dos rexistros tomados na clínica, habitualmente mediante unha escaneaxe intraoral.
Ofrecen un resultado moi natural e manteñen mellor o brillo e a cor co paso do tempo. Ademais, presentan unha maior resistencia ás manchas producidas polo café, o té, o viño ou o tabaco.
Dependendo da posición, o volume e o estado dos dentes, poden requirir unha preparación mínima do esmalte. Se unha carilla se fractura, o tratamento dependerá da extensión do dano e, nalgúns casos, pode ser necesario substituíla.
En determinados casos poden colocarse carillas moi finas sen desgastar o dente ou realizando unha preparación mínima. Con todo, non son axeitadas para todas as persoas.
Para que o resultado sexa natural, é necesario valorar a posición, a cor e o volume inicial dos dentes, ademais da mordida. Se se engade material sobre un dente que xa está adiantado ou ten suficiente volume, o resultado podería quedar demasiado groso.
Durante a valoración estudaremos se é posible realizar un tratamento sen tallado ou se existe outra alternativa máis axeitada e conservadora para o teu caso.
As carillas dentais son finas láminas de composite ou porcelana que se colocan sobre a cara visible dos dentes para mellorar a súa cor, forma, tamaño ou proporción. Tamén poden axudar a corrixir pequenas irregularidades e determinados espazos entre os dentes.
Poden estar indicadas para mellorar:
Non son axeitadas para resolver por si soas apiñamentos importantes, repoñer dentes ausentes nin tratar caries ou enfermidades das enxivas. En pacientes con bruxismo tamén é necesario estudar a mordida e valorar medidas de protección.
É a confusión máis habitual en consulta, e a que máis diñeiro pode aforrarche.
| BRANQUEAMENTO DENTAL | CARILLAS DENTAIS | |
| QUE MODIFICA? | Aclara a cor natural do dente | Pode modificar cor, forma e tamaño |
| CAMBIA A FORMA? | Non | Si |
| ACLARA EMPASTES OU COROAS? | Non | Non os aclara, pode ser preciso substituílos |
| CANDO SE RECOMENDA? | Cando o principal problema é a cor | Cando tamén queremos corrixir forma, tamaño, fracturas ou alteracións que non responden ao branqueamento |
Se che gusta a forma dos teus dentes e unicamente queres mellorar a cor, pode ser suficiente cun branqueamento. Cando tamén existen fracturas, alteracións de forma ou manchas que non responden adecuadamente, podemos valorar as carillas.
1. Valoración e diagnóstico. Revisamos o estado dos dentes, das enxivas e da mordida, e falamos contigo sobre o que che gustaría mellorar.
2. Plan de tratamento. Explicámosche as alternativas axeitadas, as súas vantaxes e limitacións, e entregámosche un presuposto por escrito.
3. Planificación estética. Cando está indicado, podemos realizar fotografías, rexistros dixitais e un deseño de sorriso. O mock-up ou proba en boca ten un custo e presupóstase á parte.
4. Preparación e rexistros. Segundo o tipo de carilla, pode non ser necesario preparar o dente ou pode realizarse unha preparación mínima. Para as carillas de porcelana tomamos os rexistros necesarios para a súa fabricación no laboratorio.
5. Colocación e axuste. Comprobamos a forma, a cor, a adaptación e a mordida antes de finalizar o tratamento.
6. Revisión e mantemento. Indicamos os coidados necesarios e programamos as revisións segundo cada caso.
Antes de iniciar o tratamento podemos realizar unha planificación estética mediante fotografías e rexistros dixitais. Nos casos indicados tamén ofrecemos un mock-up ou proba en boca, que permite visualizar de maneira aproximada o posible resultado. Esta proba ten un custo e presupóstase á parte.
Unha fractura dental non sempre necesita unha carilla. O tratamento depende do seu tamaño, profundidade, localización e da cantidade de tecido dental san que permaneza.
Convén pedir unha valoración para evitar que a fractura aumente e comprobar que non existe dano interno.
As carillas non deberían “estragar” o dente cando están correctamente indicadas, planificadas e realizadas. Con todo, non todas requiren a mesma preparación.
As carillas de composite adoitan necesitar unha preparación mínima ou inexistente. As de porcelana poden colocarse sen tallado en casos seleccionados, aínda que outras veces é necesario retirar unha pequena cantidade de esmalte. Cando existe preparación dental, o procedemento non se considera reversible.
Antes de recomendar carillas debemos descartar ou controlar caries, inflamación das enxivas, enfermidade periodontal, alteracións importantes da mordida e bruxismo. Os dentes moi destruídos ou endodonciados deben estudarse individualmente para escoller a restauración máis axeitada.
A duración das carillas depende do material, do estado da boca, da mordida, dos hábitos e do mantemento. As de porcelana adoitan conservar durante máis tempo a súa cor e brillo, mentres que as de composite poden necesitar polidos, reparacións ou renovacións con maior frecuencia.
Para coidalas:
Dende 2014 somos a clínica dental de confianza en Bueu para as familias do Morrazo. Estamos en pleno casco urbano de Bueu, na rúa José María Estévez, número 2, baixo A. Atendemos de luns a venres de 9:00 a 21:00, con horario continuado, o que facilita encaixar a cita se traballas fóra do municipio ou vés desde Cangas, Moaña ou Marín.
Os tratamentos estéticos planificánse e execútanse dentro da propia clínica, con escáner intraoral, sala de radioloxía propia e un equipo formado integramente por odontólogas colexiadas. A responsable clínica é a Dra. Ángela Sánchez Santomé, colexiada nº 36001193.
E unha cousa máis: se che dá medo o dentista, dínolo ao pedir cita. Dispoñemos de sedación consciente e preparamos desde o principio. Non es o primeiro nin serás o último.
Non hai un prezo único: depende do material, do número de pezas e de se antes hai que tratar caries ou enxivas. En S&S a valoración, o estudo fotográfico e o plan de tratamento non teñen custo, e entrégamosche o presuposto pechado por escrito antes de empezar. Tamén podes fraccionar o pago con financiamento. Desconfía de quen che dea unha cifra por teléfono sen verte.
Depende do tipo. Adoita requirir unha preparación mínima ou inexistente, pero non debe considerarse automaticamente reversible. As de porcelana necesitan unha preparación pequena pero irreversible do esmalte: non é agresiva, pero o esmalte que se retira non volve. Nos casos que o permiten existen carillas sen tallado. Na valoración dicímosche cal é a túa situación real antes de tocar nada.
Varía segundo o material e, sobre todo, segundo os teus hábitos. Unhas carillas de porcelana ben coidadas superan a década; as de composite necesitan polido periódico e renóvanse antes. O que máis acurta a súa vida é o bruxismo: se apertas os dentes pola noite, a férula de descarga forma parte do tratamento, non é un extra.
Na maioría dos casos non fai falta anestesia ou abonda cunha infiltración mínima, sobre todo con composite. Pode aparecer sensibilidade ao frío durante os días posteriores, que remite soa. Se tes ansiedade dental, dispoñemos de sedación consciente: dínolo ao pedir cita e axustamos o protocolo desde o principio.
O obxectivo é conseguir un resultado natural e proporcionado. O traballo está na toma de cor, a translucidez e a proporción co resto do teu sorriso. Antes de tallar nada facemos un deseño dixital e, cando o caso o permite, unha proba en boca para que vexas o resultado e poidas pedir cambios. Ver o deseño antes de empezar é a mellor forma de evitar sorpresas.
Si, pero non antes de controlar o bruxismo. O bruxismo pode aumentar o risco de desgaste, desprendemento ou fractura. O habitual é incorporar unha férula de descarga ao plan de tratamento. É un paso máis, pero é o que fai que o resultado dure.