Reconstrución dental en Bueu

A reconstrución dental en Bueu é o tratamento co que devolvemos a forma, a función e o aspecto natural a un dente que se rompeu, fracturou ou perdeu boa parte da súa estrutura por unha carie extensa. En S&S Clínica Dental reconstruímos pezas dentais a diario con composite estratificado, incrustacións e coroas, e sempre co mesmo criterio: conservar todo o dente natural que se poida antes de propoñer próteses dentais ou implantes dentais. Na maioría dos casos, arranxar un dente roto resólvese nunha soa visita e con anestesia local.

Rómpeseche un dente ou unha moa? Non te preocupes, moitas veces podemos recuperalo. En S&S Clínica Dental a nosa prioridade é conservar os teus dentes naturais sempre que sexa posible.

Que é unha reconstrución dental e cando hai que arranxar un dente roto?

Unha reconstrución dental é unha restauración que substitúe a parte do dente que xa non está. A diferenza dun empaste sinxelo, aquí non enchemos unha cavidade pequena: reconstruímos o volume perdido —cúspides, bordos, ángulos— para que a peza volva mastigar, encaixar co seu antagonista e verse como as que ten ao lado.

É a disciplina central da odontoloxía conservadora: mentres quede unha raíz sa e suficiente estrutura onde adherir o material, reconstruír é case sempre mellor opción que extraer.

Unha reconstrución dental permítenos recuperar un dente que se rompeu, desgastou ou perdeu parte da súa estrutura por unha carie, para que volva funcionar con normalidade e teña un aspecto natural.

Sempre que sexa posible, a nosa prioridade é conservar o teu propio dente e buscar a solución máis adecuada para cada caso.

Situacións nas que se realiza unha reconstrución dental

Os motivos polos que chega un paciente á clínica para realizar unha reconstrución dental son case sempre estes:

  • Fractura dun dente por un golpe ou ao morder algo duro. É o clásico incisivo que se lasca ou a moa que se parte coa carabuña dunha oliva.
  • Carie extensa que destruíu gran parte da coroa e que xa non se resolve cun empaste convencional.
  • Desgaste por bruxismo, que vai aplanando e acurtando os dentes durante anos sen que o notes.
  • Despois dunha endodoncia: un dente desvitalizado é máis fráxil e necesita reconstrución, ás veces reforzada cun perno.
  • Rotura ou filtración dun empaste antigo, sobre todo os de amalgama que levan décadas na boca.
  • Erosión do esmalte, que ademais adoita vir acompañada de sensibilidade dental.

Como saber se o teu dente aínda se pode salvar

Non hai forma de decidilo por teléfono nin mirando unha foto. O que valoramos na primeira visita é canta parede do dente queda, se a fractura chega ou non por debaixo da enxiva, en que estado está a raíz e se o nervio segue vital. Con esta valoración poderemos explicarche se o dente se pode reconstruír, se necesita unha coroa ou se o dano é demasiado importante para poder conservalo.

Tipos de reconstrucións dentais que realizamos en Bueu

Non todos os dentes danados necesitan o mesmo tipo de reconstrución. A elección dependerá de canto dente se perdeu, da súa localización e do estado da peza.

Reconstrución directa con composite

É a opción máis habitual e a que resolve a maioría dos casos. Traballamos con composite na mesma sesión: capa a capa, modelando directamente sobre o dente ata recuperar a súa anatomía. O material elíxese pola cor para que a restauración non se distinga do resto do sorriso, algo que conecta directamente coa estética dental. Vantaxe principal: pode realizarse nunha soa cita e conservando ao máximo o tecido dental san.

Incrustacións dentais (inlay y onlay)

Cando a perda de estrutura dental é maior, podemos valorar unha incrustación, unha restauración realizada a medida que nos permite recuperar a forma e a función do dente conservando a estrutura sa que permanece.

Pode realizarse en distintos materiais e a elección dependerá das características de cada caso.

Dentes con gran perda de estrutura

Cando un dente perdeu gran parte da súa estrutura, especialmente despois dunha endodoncia, pode necesitar unha reconstrución máis complexa. Dependendo de cada caso, podemos valorar unha reconstrución, unha coroa ou outras opcións que permitan recuperar e protexer o dente.

O tratamento decídese de forma individual, tendo en conta a cantidade de dente que queda e o seu prognóstico.

Reconstrucións estéticas con composite e facetas

Non todas as reconstrucións se realizan por unha carie ou unha fractura. Nalgunhas ocasións buscamos mellorar pequenos detalles do sorriso, como un bordo irregular, un dente máis curto ou modificar lixeiramente a súa forma. Tamén podemos modificar a forma ou o contorno dos caninos ou “cairos”, sempre despois de valorar cada caso.

Dependendo do resultado que busquemos, podemos facelo con composite ou con facetas, intentando sempre conservar ao máximo o dente natural.

Cando deixamos de reconstruír: próteses dentais e implantes dentais. Que ocorre cando un dente non se pode reconstruír?

Cando a fractura chega á raíz, cando non queda estrutura onde adherir ou cando o soporte óseo está comprometido, insistir en reconstruír é alongar un problema. Nestas situacións valoramos contigo as diferentes alternativas e, se é necesario extraer o dente, estudamos a mellor opción para substituílo, xa sexa mediante un implante ou unha prótese dental. Dirémoscho con claridade desde a primeira visita: preferimos que o saibas antes de investir nunha reconstrución que non vai durar. Se che interesa saber o porqué, desenvolvémolo nas consecuencias da perda dental.

A nosa prioridade é conservar o dente natural sempre que teña un bo prognóstico. Cando o dano é demasiado importante e sabemos que unha reconstrución non ofrecería un resultado predicible, explicarémosche as alternativas e buscaremos a solución máis adecuada para o teu caso.

Como se realiza unha reconstrución dental paso a paso

Diagnóstico previo

Antes de empezar valoramos o dente e realizamos as probas necesarias para coñecer o alcance do dano. A tecnoloxía dental da que dispoñemos na nosa clínica permítenos ver na pantalla o que hai debaixo do esmalte e ensinarcho, para que entendas por que propoñemos unha opción e non outra.

Anestesia local e illamento do campo

Cando é necesario, utilizamos anestesia local para que o tratamento resulte o máis cómodo posible. Tamén illamos o dente para traballar nas mellores condicións e conseguir unha correcta adhesión dos materiais.

Se vir ao dentista che xera medo ou ansiedade, cóntanolo. Dispoñemos de sedación consciente para aqueles casos nos que estea indicada.

Reconstrución con composite

Unha vez eliminamos o tecido cariado ou o material antigo, gravamos a superficie, aplicamos adhesivo e imos construíndo o dente en capas finas que se polimerizan con luz. Traballar por capas —e non nun bloque— reduce a contracción do material e permite reproducir a translucidez real do dente.

Axuste da mordida e pulido: funcionalidade e estética

Con papel de articular comprobamos que a peza reconstruída encaixe coa de arriba sen puntos de contacto altos. Un milímetro de máis provoca molestias, sensibilidade e mesmo fracturas. Antes de rematar comprobamos que a mordida sexa cómoda e que todo encaixe correctamente. Finalmente, pulimos a reconstrución para conseguir un acabado suave e natural.

Canto dura unha reconstrución dental?

Depende de cada caso. En canto á súa duración na boca, cuns bos coidados e revisións periódicas pode manterse durante moitos anos.

Canto dura a cita na clínica

Depende de cada caso, aínda que unha reconstrución sinxela adoita realizarse nunha soa cita de entre 30 e 60 minutos. Se o tratamento é máis complexo, pode ser necesaria algunha visita adicional.

Cantos anos dura a reconstrución na boca

Unha reconstrución ben coidada pode manterse durante moitos anos, aínda que a súa duración depende de cada caso e de factores como a mordida, o bruxismo, a hixiene e os hábitos de cada persoa. As revisións periódicas permítennos comprobar o seu estado e realizar pequenos mantementos cando sexa necesario.

Prezo da reconstrución dental en Bueu: de que depende o orzamento

O prezo dunha reconstrución depende de cada caso, principalmente de canto dente haxa que recuperar e do tipo de tratamento que necesitemos realizar.
Non é o mesmo reconstruír unha pequena fractura que un dente que perdeu gran parte da súa estrutura ou que necesita algún tratamento adicional.
En S&S Clínica Dental, despois de valorar o teu caso, explicarémosche as diferentes opcións e entregarémosche un orzamento por escrito antes de comezar o tratamento. Tamén dispoñemos de opcións de financiamento.

Reconstruír o dente ou escoller outro tratamento?

Sempre que poidamos conservar o teu dente cun bo prognóstico, esa será a nosa primeira opción. Se necesita algún tratamento adicional ou conservalo non é posible, explicarémosche as alternativas para que poidamos escoller a opción máis adecuada para o teu caso.

Procedimiento de reconstrucción dental - SS Clínica Dental en Bueu

Coidados despois dunha reconstrución dental

Por que realizar a túa reconstrución dental en S&S Clínica Dental?

En S&S Clínica Dental levamos anos coidando os sorrisos de pacientes de Bueu e de todo O Morrazo. A nosa forma de traballar baséase en algo moi sinxelo: conservar os teus dentes naturais sempre que sexa posible e buscar a mellor solución para cada caso.

  • Valoramos cada caso de forma individual e explicámosche as diferentes opcións antes de empezar.
  • Ensinámosche e explicámosche as probas realizadas, para que entendas que ocorre e por que recomendamos un tratamento.
  • Entregámosche o teu orzamento por escrito antes de comezar e dispoñemos de opcións de financiamento.
  • Contamos cun equipo multidisciplinar, polo que se necesitas outros tratamentos podemos valorar o teu caso de forma conxunta.
  • Se vir ao dentista che xera medo ou ansiedade, dispoñemos de sedación consciente cando está indicada.
  • Os nosos pacientes valórannos cun 4,9 sobre 5 en Google, con máis de 260 recensións.

Preguntas frecuentes sobre a reconstrución dental

Unha reconstrución sinxela adoita realizarse nunha soa cita de aproximadamente 30 a 60 minutos. A súa duración na boca dependerá do tipo de reconstrución, dos hábitos de cada paciente e dos seus coidados.

Xeralmente é un tratamento cómodo e, cando é necesario, utilizamos anestesia local. Despois pode aparecer algo de sensibilidade durante uns días, que normalmente vai desaparecendo de forma progresiva.

O prezo depende de cada caso, de canto dente haxa que reconstruír e do tratamento necesario. Despois de valoralo, explicarémosche as opcións e entregarémosche un orzamento por escrito antes de comezar.

Depende do estado do dente e do seu prognóstico. Sempre que sexa posible intentaremos conservalo, pero se o dano é demasiado importante, valoraremos contigo outras alternativas e explicarémosche cal é a máis adecuada para o teu caso.

Nalgúns casos si. O composite permite realizar pequenas modificacións na forma ou no contorno dos caninos ou “cairos”. Antes de facelo valoramos o sorriso e a mordida para decidir cal é a opción máis adecuada.

Rómpeseche un dente ou unha moa?

Ven vernos. Valoraremos o teu caso e explicarémosche cal é a mellor opción para recuperalo.